Fonte. La Voz de Galicia |
Eu rematei a miña licenciatura en Educación Física no ano 97, 5 anos de carreira, 5 anos maravillosos. Duros, pero maravillosos. Anos nos que fixen amigos, desos que se dí que se contan cos dedos dunha man e a min non me chegan as dúas para facelo.
Aínda non pasara un ano deso cando Pancho me chama en calidade de coordinador da Piscina de Santa Isabel (Santiago) e me ofrece un traballo de monitor de natación e socorrista. En realidade, e creo que non me equívoco, chamoume en calidade de amigo pois os dous somos de Noia e xa nos coñecíamos antes de compartir estudos (4ª e 6ª promoción do INEF de Galicia).
Cando coincido con Pancho, ás veces, lembramos anecdótas desa etapa das nosas vidas. Por aquela época enganchamonos ó Triatlón. Eu sempre fun corredor e os resultados din que non se me daba mal. O caso é que antes de rematar os estudos tiven unha lesión importante, que se complicou porque ós que nos gusta moito o deporte temos o defecto de que non sabemos estar parados. Pasou o tempo e como o de correr estaba complicado probei con Pancho e Guillermo a nadar e montar en bicicleta. Aproveitabamos de 1 a 4, as horas de peche da instalación, para “machacarnos”. Había días, a verdade e que eran case todos, en que se acercaba un rapaz para facer o seu entrenamento e nos compartíamos eses momentos con él. Debía ter 17 anos a primeira vez que o coñecín porque tempo despois sacou o permiso de conducir. Recordo un día en que logo de entrenar, entre unha coña e outra, comenzamos a falar de aspiracións. Este rapaz, sempre me acordarei da súa expresión de convencemento, dixo con determinación que él ía ser campion do mundo de Triatlón. Nos, vergoña debería darnos, botamos unhas risas. Ese rapaz chámase Iván Raña.
Desa época lembrome tamén de César Varela. Era o entrenador do Clube Natación Santiago e tamén de Iván. Sempre andaba pola instalación á procura de novas figuras entre os cursillistas. Hoxe en día é un dos principais entrenadores de Triatlón que temos en España.
Outro dos que están arriba é Alberto Trillo. Cando imos presenciar unha competición Pancho sempre me dí, mira Alberto Trillo si empezou a nadar con nos e agora ahí o tés cos de diante.
Hai unha persoa da que me lembro menos, pero que consultadas as miñas fontes (Pancho) e a súa biografía, na que afirma ingresar no Clube Natación Santiago á idade de dez anos, fan que todo teña sentido. Sí, él tamén era un deses rapaces cos que eu flipaba ó velos nadar en Santa Isabel facendo largos sen parar e aparentemente sen esforzo. Tratase dun triatleta que comenzou a súa andadura neste mundillo aló polo 2001 animado polo seu actual entrenador César Varela. Licenciado en Económicas loita por facerse un oco aínda máis grande no panorama nacional e internacional do Triatlón. O curso pasado tivemos o privilexio de contar con él no colexio nunha charla inolvidable e nesta ocasión faltoulle tempo para decir que sí a unha entrevista que nos axude a coñecelo un chisco máis. Con todos nos dende Sudáfrica: ANTÓN RUANOVA.
Fonte. antonruanova.com |
Edufísicabalmes. A primeira pregunta é unha curiosidade que teño eu. ¿Cómo é unha viaxe en avión con todo o material que tedes que levar con vos; bicicleta, casco, neopreno, zapatillas...?.
Antón Ruanova. Sen dúbida, é unha das peores cousas do noso deporte. Intentas levar o mínimo posible, pero sempre son bastantes cousas. Temos una maleta grande específica para gardar a bicicleta, e ó mesmo tempo aproveitamos para meter nela neopreno, zapatillas de bici e carreira e casco. O resto ten que ir nunha mochila pequena coma equipaxe de man. Ás veces a viaxe non remata no avión, hai que coller algún tren ou autobús, así que non é boa idea levar máis de dúas maletas.
Edufísicabalmes. Nun artículo da revista especializada "TRIATLÓN" dis que no período vacacional practicas as "3D"(descansar, desfrutar e desconectar). Lendo o teu blog, na pretempada que estás a realizar en Sudáfrica, descansar e desconectar seguro que non pero dame que desfrutar, por todo o que contas con Murray, Frodeno e a selección alemana, un rato largo. Ó noso xeito, ó modo triatleta claro, machacando que así tamén se desfruta.
Antón Ruanova. Si, está claro que para facer este deporte che ten que gustar adestrar, e poder facelo con algúns dos mellores do mundo é un gran pracer. Aquí houbo algunha sesión que fixemos con dous campións olímpicos e xente con medallas en campionatos mundiais. Unha gozada. Aínda que eu xa levo anos impresionado tendo de compañeiro de adestramentos a un campión mundial coma Iván Raña. Pero antes disto houbo tres semanas indispensables para cumprir as “3D”: descansar, desconectar, desfrutar
Edufísicabalmes. ¿Cómo de importante é o labor dos patrocinadores?.
Antón Ruanova. Fundamental. O triatlón é un deporte en pleno crecemento, pero aínda loita por conseguir máis cabida nos medios de comunicación. As cantidades de diñeiro que se moven nunca son grandes, e as federacións nunca teñen demasiados fondos, así que a axuda dos patrocinadores é vital para poder seguir mellorando. Dende aquí quero aproveitar para agradecer o gran apoio que recibo, tanto do meu equipo Arcade Inforhouse Santiago, coma dos patrocinadores de material: TriathlonTotal, Massi, New Balance, SH+, Suunto, A Poutada e Prolight Components
Edufísicabalmes. Co título de Licenciado en Económicas no peto e sen obligacións académicas, ¿é esta unha tempada diferente? ¿Quizáis a primeira de verdade coma profesional?.
Antón Ruanova. É a primeira vez que o deporte e a gran prioridade na miña vida. Aínda que sigo formándome con inglés e algún outro estudo, este ano é unha aposta máis forte por intentar ser profesional.
Edufísicabalmes. ¿Cáles son os teus obxectivos para este 2012?.
Antón Ruanova. Aínda que soa a tópico, seguir mellorando e desfrutando co deporte. Eso axudarame a conseguir os retos deportivos, que este ano pasan por debutar e consolidarme nas Copas do Mundo.
Fonte. antonruanova.com |
Edufísicabalmes. ¿Teremos en Londres por fin un campión olímpico español?.
Antón Ruanova. De selo, posiblemente galego. É algo realmente complicado, unha soa carreira cos mellores do mundo, pero dende logo que hai chances, e moitas.
Edufísicabalmes. Un lugar para entrenar e un lugar para descansar.
Antón Ruanova. Sudáfrica estame impresionando pola súa natureza, ó igual que antes o fixera Australia. Tanto coma para descansar ou para adestrar, son dous países espectaculares. Poder cambiar o noso inverno polo verán austral é unha gran axuda para o noso deporte. Agora que durante o noso verán, Galicia é un sitio privilexiado.
Edufísicabalmes. Un triatleta, unha triatleta e un triatlón.
Antón Ruanova. Porque dende pequeno tiven a sorte de poder nadar ó lado dun campión que logo vía na tele levantando trofeos, Iván Raña. Triatleta non che sabería nomear a unha. Mentres que probas, recordo moito Ribadeo, onde debutei neste deporte con 15 anos. Ou Pulpí, en Almería, onde vivín moi diferentes experiencias. Por no falar dunha das mecas do noso deporte, o Grand Prix francés, un espectáculo de probas. Pero se teño que escoller unha por organización e trato exquisito ó triatleta, é sen súbida Fuenteálamo (Murcia)
Edufísicabalmes. Moitas das entradas que publicas no teu blog rematan cunha frase especial: “isto non se para”. ¿Poderías explicálo?.
Antón Ruanova. “Esto no se para” ou “lume”. Un tende a facerse uns gritos de “guerra”. A frase de “esto no se para” roubeina dunha canción de Delafé y las Flores Azules, porque me gustan eles e porque me parece unha gran filosofía. Sempre hai cousas por facer, por aprender, novos retos que perseguir
Edufísicabalmes. Triatlón. 3 deportes. ¿3 principios ou valores que o definan?.
Encantame a resposta que das cando che pregunto polos teus obxectivos. Mellorar desfrutando. Da unha idea da túa paixón polo deporte e debería ser o obxectivo último para todos. Sen embargo non podo estar de acordo contigo no de debutar en Copas do Mundo. Ese dereito xa o gañaches a tempada pasada. Se en México as carreteras teñen baches, un corre o risco de caerse e facerse dano.
Sabedes que desde estas liñas gostame falar de xente capaz de transmitir principios e valores que desafortunadamente estanse perdendo (superación, dinamismo e perseverancia). Antón Ruanova é unha desas persoas no aspecto deportivo, admirable. Pero cando ademáis ó aspecto persoal trascende e supera ó deportivo, ahí é cando, a min polo menos, alguén me conquista plenamente.
Como podestes observar, esta entrada está totalmente en galego porque é a lingua na que Antón se sinte máis cómodo. Un rasgo máis da súa personalidade.
Particularmente non coñecía a este triatleta (tampouco estou moi documentado desta especialidade deportiva), pero góstame moito a forma que tiveste de introducilo e a entrevista en sí. Por suposto que os valores que transmite son fundamentais para ser potenciados nun ámbito educativo como no que nos atopamos, que seguro sirven de inspiración e motivación a máis de un e de dous rapaces que, coma nós no seu momento, tíñamos ilusións e esperanzas de cumplir os nosos sonos. E de iso se aprende moito.
ResponderEliminarEnhoraboa!!