martes, 24 de enero de 2017

"UN GALEGO LOITANDO ÓS XOGOS OLÍMPICOS POR BRASIL"



Hai uns anos, en novembro de 2010 senon me lembro mal, tivemos a fortuna de poder contar no colexio ca presencia de dous grandes triatletas e deportistas por enriba de todo,  Iván Raña e Antón Ruanova. Un ano despois,  Antón viaxa a Sudáfrica cun soño en mente, convertirse en profesional e optar a unha praza na selección española que había participar nos xogos olímpicos de Londres 2012. Con tal motivo propoñemoslle facer unha entrevista vía mail que nos permita coñecelo un pouco máis e a resposta de Antón, que é unha das persoas máis colaborativas e participativas cas que me teño atopado, é afirmativa. Podedes dar conta dela no seguinte enlace: 

Entrevista con Antón Ruanova.

Entrementres, non deixa de lado os estudos. Licenciase en Económicas e fai un  Máster en Xestión Internacional da Empresa. Tenta buscar alternativas a ese desexo, a ese soño de todo deportista de ser olímpico que non acaba de materializarse. O tempo pasa, e cando parece que esa ilusión se vai diluindo ata case ser tan só un recordo do pasado, atopa un traballo lonxe da casa, na Oficina Comercial de España en Brasilia. Asentado no lugar, o deporte de competición deixa de ser o principal motor da súa vida. Non así o deporte como tal. Aquel que se fai para disfrutar, para relaxarse, aquel que nos fai ser mellores en tódolos ámbitos da vida, aquel no que tan só se xoga polo pracer mesmo de xogar. E mentres xogaba co deporte, Antón foi descubrindo que aquel soño, xamáis se fora de todo. Que se buscas ben e traballas para elo con constancia, perseverancia e paixón as oportunidades rematan por chegar e quizáis algún día os soños se poidan cumprir. E senon se cumpren, que saibas que a verdadeira recompensa está no esforzo que lle poidas por á tarefa. Creo que diso Antón anda sobrado. Antón recibiu a proposta de nacionalizarse Brasileiro e ter así a oportunidade de loitar de novo por aquel seu soño durmido. Así que parafraseandoche: LUME!!!!!!.



Estes días temos a sorte de telo por aquí para deixarnos unha mostra da súa categoría como deportista e como persoa e transmitirnos esa paixón que o levou a atopar o camiño de novo. Contaremos con él en Noia nunha dobre cita. Cunha charla aberta a todo aquel que queira asistir o sábado 28 ás 8:30 da tarde na Casa da Cultura, e cunha Master Class na Piscina Municipal o domingo 29 ás 4 da tarde. En palabras de Antón:

"A charla é un complemento a unha clase de natación que faremos o domingo pola tarde na piscina de Noia.  A charla é aberta e ogallá que nos xuntemos uns cantos e fagamos algo bonito.

A idea do sábado é facer algo ameno, explicando os meus comezos no deporte, algunhas anécdotas e explicar o camiño no que estou agora metido: "Un galego loitando os Xogos Olímpicos por Brasil".

A todo aquel que poida asistir recoméndollo ca certeza de que vai saír moi satisfeito dun encontro ameno cun deportista que debe ter moitas anécdotas que contar. Unha que non vos vai contar porque supoño que non se lembra, é que un servidor foi testigo dos seus primeiros pasos no mundo do deporte na piscina de Santa Isabel cando era monitor de natación e socorrista. Teño un amigo, Pancho, que cando sae algunha nova sobre Antón, sempre me conta que él e máis Alberto Trillo casi aprenderon a nadar cando nós estábamos alí.

Como podedes ver, a entrada de hoxe está en galego. É a segunda vez que fago isto. A primeira foi hai uns anos nunha entrevista con Antón porque é a lingua na que se expresa e se sinte máis cómodo. Unha pequena homenaxe para un brasileiro pero galego de corazón.












No hay comentarios:

Publicar un comentario