Alá polo 2011 comecei coa aventura de escribir o blog, coa fin de plasmar con palabras a miña visión ou a miña maneira de entender o mundo do deporte. Un dos primeiros artículos tiña que ver cunha visita que os triatletas Iván Raña e Antón Ruanova nos fixeran un ano antes. Posteriormente, sempre solícito, Antón sería protagonista de outras dúas entradas.
Polo xeral, acostumo a empregar o castelán pero, se a ocasión o merece cambio de lingua, como cando falo con alguén que emprega o galego para comunicarse. Así que por deferencia con Antón, as súas entradas están escritas en galego por ser este o idioma no que se expresa. Hoxe, por terceira ocasión e polo mesmo motivo, mudamos o idioma esperando que a mensaxe chegue con moita forza.
Hei de recoñecer que a entrada que agora nos ocupa comenzou a xestarse hai un tempo. Tiña a necesidade de contar algo pero aínda non estaba preparado para poder facelo, así que quedou en forma de proxecto ata agora que conseguiu saír de onde a tiña gardada, no pensamento e nos sentimentos.
O proceso de creación das miñas entradas é moi sinxelo. Ten que haber un tema que me faga sentir que necesito contar algo, expresar a miña opinión. Despois téñense que dar unha serie de circunstancias ou feitos que me axuden a ver por onde podemos tirar e darlle forma. Pois ben, esta semana por fin fun quen de sacar ese sentimento á superficie e como outras veces funlle dando forma nunha saída en bici de dúas horas.
O 29 de decembro do ano pasado falecía Hipólito Rey Abeijón, máis coñecido por "Polo". Con el vaise un gran deportista, pioneiro do atletismo en Noia, e sobre todo unha persoa fantástica.
Cóntanme as miñas fontes que Polo foi o primeiro atleta de Noia alá por 1973 ao voltar da mili. Subía andando á Perouta e corría ás voltas nun circuíto de 600 metros. Colgaba a roupa nunha árbore e adestraba en camiseta interior e pantalón curto.
Polo sempre foi de carreiras de largo alento. Eu, sen embargo, tirei máis polo medio fondo. A brecha de idade que nos separaba era grande tamén, pero minguaba moito nas distancias curtas; no momento da charla, dos consellos, das anécdotas, de sinxelamente contarnos como nos ía a vida.
Ao longo da súa vida viuse aqueixado por doenzas das que a maioría de nós caeriamos rendidos, pero el saía sempre a flote unha e outra vez cun xeito de enfrontarse á adversidade digno de eloxio. Estou convencido que os valores que o deporte lle aportou contribuíron en gran medida a iso. Valores que non dubidaba en transmitir a atletas máis novos coma min e que a forza de insistir foron calando hondo. Nunha das últimas ocasións que falei con el, despois de que lle comunicaran que volvía estar enfermo, o médico, vendo a súa entereza díxolle que tería que dar un cursillo a outros pacientes, para que viran de primeira man cal é a actitude que hai que amosar para superar os baches que a vida nos pon. Como xa sabedes, a actitude é o reflexo do que se ve. Polo era un bo espello no que verse reflexado.
Fonte: O Correo Galego. |

No caso de Polo no tocante á saúde, a vida repartiulle as cartas moi mal. Pero non por iso a súa actitude e determinación fronte a ela mudaron nunca. Esa capacidade de esforzo e superación tan necesaria hoxe en día é tan botada de menos nas novas xeracións, el desbordaba por todas partes. Lembro cando me contaba que o médico non lle deixaba correr pero entón facía ximnasia. E cando non puido facer ximnasia saía a camiñar,"fago marcha" me dicía. Polo non lle puido poñer máis zancadas á sua vida, pero vaia se lle puxo vida a todas esas zancadas que seguro soubo disfrutar.
Eu, cando estou cunha persoa que conecta contigo dun xeito tan bestial e tan sincero, cando as palabras que saen da súa boca non son baldías senón que podes ver que son de verdade, sempre lle digo se non lle importaría vir dar unha charla ao cole. Estou seguro que tería vido pero faltoulle tempo.
Polo era reloxeiro. A pesares diso non tiña o superpoder de parar o tempo, máis ben era ao contrario. Sabedes eses reloxos tan caros para correr que aos seis meses se lle rompe a correa?. Pois ben, ti entrabas pola porta da tenda para cambiar a correa, e saías hora e media máis tarde sen darte conta do rápido que pode chegar a pasar o tempo. A boa compaña, a amena charla e compartir a paixón polo atletismo obraban o milagro. Esa correa aínda dura.
Eu, cando vou pola rúa e atopo con alguén coñecido, non son dos que din bos días ou boas tardes, son máis de ola, que tal ou simplemente ehhh!. Polo, alo menos comigo, era de: "Que pasa Atleta?". Hai cousas, poucas, das que me sinta orgulloso. E aínda hai menos cousas das que sentirme moi orgulloso. Son esas cousas que che fan encher o peito cando saen. Ser atleta é unha delas e por iso vou botar de menos ese saúdo de Polo que me facía sentir dunha pasta especial. Estou pensando que, de feito, non ten por que ser así. Entre aqueles que nos sentimos atletas como Polo se sentía, cada vez que nos vexamos poderiamos saudarnos con: "Que pasa atleta?". Coido que sería un xesto de respeto e unha bonita maneira de lembralo.
Para rematar vou a recorrer, como en outras ocasións, a un par de estrofas dunha canción de Fito e Fitipaldis que leva por título: "Entre dos Mares".
O tema das homenaxes póstumas é un motivo de discusión que teño con compañeiros. Coido que, se hai alguén merecedor dunha homenaxe pola súa labor, non se debe esperar tanto e facelo antes para poder compartir ese momento con el. Por iso, sinto haber tardado tanto en ser quen de mostrar a miña admiración por unha persoa e un deportista fantásticos.
Dende aquí, dando un bo puñetazo enriba da mesa e enchendo o peito coma nunca, aló onde estés Polo... "Que pasa ATLETA? "
Fonte: Agustín Agra Barreiro. |
Polo con Teresa Castro. Fonte: A Voz de Galicia. |

"Tantos homenajes por personajes muertos,
primero el puñetazo, luego el monumento"
O tema das homenaxes póstumas é un motivo de discusión que teño con compañeiros. Coido que, se hai alguén merecedor dunha homenaxe pola súa labor, non se debe esperar tanto e facelo antes para poder compartir ese momento con el. Por iso, sinto haber tardado tanto en ser quen de mostrar a miña admiración por unha persoa e un deportista fantásticos.
Dende aquí, dando un bo puñetazo enriba da mesa e enchendo o peito coma nunca, aló onde estés Polo... "Que pasa ATLETA? "
A min tamen me saudaba da sua maneira tan identificativa ...que pasa atleta ... eu tamen me sumarei a saudar da mesma maneira en homenaxe e honra a esa persoa tan especial ...sempre presente "polo".
ResponderEliminar